A Roda alalá adorA

¿sabías que un palíndromo non ten principio nin fin?


Esta Roda, rodada en trinta anos, semella que tampouco ten fin, e así o demostra a edición do novo traballo discográfico: A Roda alalá adorA.
Baixo forma palindrómica edítase o novo Cd do grupo A Roda, un traballo que xa está á venda e que poderás adquirir ademais nos concertos do grupo.
 
 

A presentación do libriño-poemario "Unha noite non é nada" tivo unha moi boa acollida entre o público de Combarro.

O día 23 de agosto en Combarro, na Festa do Mar presentouse o libriño-poemario Unha noite non é nada, que inclúe os poemas "unha noite non é nada" e "soio en Poio atopo aPoio", ámbolos dos relacionados coa vila de Poio e escritos por Alfredo, un dos membros da formación. Este libro ofreceuse como agasallo aos presentes ao evento.


Asemade, nesta mesma actuación actuou un Dj con Alfredo, nunha versión rap sobre un destes poemas, mentras que o outro poema fo acompañado por músicos alleos á formación.

 
Grupo A Roda © 2006